Moisés Díaz Freijomil


Categoría: Inventor
Data de Nacemento: 21 de maio de 1910 († 20 de abril de 1965)
Lugar de Nacemento: Labrada - Guitiriz (Lugo)
 Currículum

Posuidor dun enxeño singular, inventor nato, moi cedo asombrou coas súas habilidades para o deseño mecánico. Traballou como oficial torneiro nos talleres do estaleiro de Bazán. Emigrou a Bos Aires, cidade á que chegou o 14 de xullo de 1950 xunto coa súa dona, María Díaz Lage.

Segundo consta no Rexistro de Marcas e Patentes da República Arxentina, Moisés Díaz Freijomil inventou un dispositivo de uso industrial, consistente basicamente nunha máquina que, ao utilizar unha mecha oca, permite o perforado simultáneo de grupos de follas de papel ou similares. Este mecanismo reemprazou á perforación por presión e significou un aporte importantísimo á industria gráfica.

Foi autor doutros numerosos inventos non patentados (bombas centrífugas para fluidos pesados, máquinas para afiar e trabar serras continuas de uso na industria madereira...).
Faleceu no Centro Galego de Bos Aires sen poder regresar a Galicia.