Mª Pilar Campo Domínguez


Pseudónimo:Marica Campo
Categoría: Mestra e escritora
Data de Nacemento: 24 de febreiro de 1948
Lugar de Nacemento: Val do Mao, Incio (Lugo)

Opinión
 Currículum

Fixo estudos de Filosofía e Letras e Teoloxía e posúe o título de Mestra e o Diploma Superior da Escola de Idiomas en Lingua e Literatura Galegas.

 Obras realizadas

Poeta, narradora, autora teatral e letrista para diversos grupos musicais.

Ademais de participar en numerosas publicacións colectivas con relatos, teatro e poesía, ten editadas as seguintes obras:

. Poesía: Tras as portas do rostro. Baía Editorial (1992). Pedinche luz prestada. Espiral maior (2001) . Primeiro premio “Fiz Vergara Vilariño” en 2000. Abracadabras Ediciós do Castro (2006). Premio “Fundación Neira Vilas” de poesía infantil 2005. Premio AELG de Literatura Infantil 2007). Sextinario: Trinta e seis mais tres . Sotelo Blanco (2007). Premio AELG de Poesía 2008. Nós outras (Poesía xuvenil, pola igualdade) Chan da Pólvora (2021).

. Narrativa: Confusión e morte de María Balteira. Baía Editorial (1996). Memoria para Xoana. Espiral maior (2002). Premio de narrativa Concello de Vilalba, 2001. Premio AELG 2003. E Xoel aprendeu a voar (novela xuvenil) Obradoiro – Alfaguara (2009). Noutra dimensión. Editorial Galaxia (2011). Colección Árbore. Unha misión para Clara. Obradoiro, colec. Oqueleo (2018).

. Teatro: O Premexentes non pode cos paxaros rebezos. Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 58. Confusión de María Balteira. Biblioteca “Francisco Pillado” UDC (2006). O Divino Sainete ( Adaptación da obra homónima de Curros Enríquez). Biblioteca “Francisco Pillado” UDC (2008).

Columnista semanal en El Progreso e Diario de Pontevedra. Outrora, colaborou en A Nosa Terra e Terra e Tempo.

. Recoñecementos: E de escritora da AELG 2013 e Premio das Letras da Xunta de Galicia nos Premios da Cultura Galega 2022, entre outros.