Luis Ángel Vázquez López


Pseudónimo:Luis Boyano
Categoría: Ilusionista
Data de Nacemento: 3 de marzo de 1961
Lugar de Nacemento: La Cañiza (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
No ano 1984 trasládase a vivir a Madrid, onde remata a especialiade en Psicoloxía Pedagóxica na Universidade Complutense.
Paralelamente fórmase en diferentes campos artísticos como: Interpretación, Expresión Corporal, Pantomima, Clown e Maxia.
Os seus primeiros pasos no mundo artístico desenvólvense no Teatro de Rúa e no Circo, onde adquire a experiencia que máis tarde demostra en Centros Culturais coa creación dos seus primeiros espectáculos de Maxia e Mimo.
Desde o ano 1992, sen abandonar a súa actividade teatral, centra a súa carreira artística no mundo empresarial, sendo o primeiro en introducir en España a "Maxia
Corporativa", aportando así unha nova forma de comunicar mensaxes e produtos para grandes empresas e multinacionais.
O éxito e estreita relación co sector do Entretemento Corporativo lévano a crear no ano 1997 "Soluciones Mágicas", empresa que dirixe e que está dedicada á contratación artística e á realización e deseño de todo tipo de eventos.
O seu perfil profesional, que combina a súa faceta artística, as súas dotes de gran comunicador e a súa formación en psicoloxía permítenlle colaborar cos departamentos de RRHH, impartindo charlas onde ademais da mensaxe, a posta escena é clave. Os obxectivos a conseguir relaciónanse con xogos de maxia ad hoc, transmitindo e chegando ós asistentes dunha forma atractiva e diferente.