Daniel Cancela Rodríguez


Pseudónimo:Dani Cancela
Categoría: Futbolista e xornalista
Data de Nacemento: 23 de setembro de 1981
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Blogspot

Gol, min 1:20






 Currículum

Profesional traballador e altamente motivado esperando comezar a súa vida profesional despois de ser durante máis de dez anos futbolista profesional por todo o mundo. Esa experiencia nun mundo competitivo fíxoo máis forte e eficiente. Moi bo en traballo de equipo.

 

FORMACIÓN

2013. Master profesional en Empresa Internacional, Universidade Pegaso, Madrid (España)

2008-2012. Licenciado en Xornalismo, Universidade Rey Juan Carlos, Madrid (España)

2000-2007. Licenciado en Dereito, Universidade da Coruña (España). Número de colexiado 5361 do Colexio de Avogados da Coruña.

1995-1999. Educación Secundaria no Colexio Calansanz, A Coruña (España).

 Obras realizadas

XORNALISTA

-Traballou na sección deportiva de El Progreso de Lugo (España).

-Director da revista deportiva semanal para El Progreso.

-Colaborador habitual no blog “El Contragolpe” de La Voz de Galicia.

http://blogs.lavozdegalicia.es/contragolpe/?s=dani+cancela

-Co escritor no blog “Papas en Hong Kong” http://papasenhongkong.blogspot.hk

 

TRAXECTORIA

2010-2014: Kitchee FC (Primeira división de Hong Kong), máis de 40 partidos por temporada máis de dez pases de gol e un gol.

2008-2010: Cd Lugo (Segunda división española), máis de 30partidos por temporada e un gol.

2006-2008: CD Fuenlabrada (Segunda división B española).

2001-2006: RC Deportivo da Coruña (B), capitán do equipo durante catro anos, máis de 35 partidos por temporada e máis de dez goles. Xogou partidos co primeiro equipo do RC Deportivo da Coruña, contra o Atlético de Madrid, Birmingham e Sporting de Lisboa, entre outros.

 

PERFIL DE XOGADOR

Defensa zurdo experimentado, rápido e agresivo no un contra un e con bo manexo de balón. Forte en accións defensivas e en accións a balón parado. O seu bo manexo de balón permítelle saír co balón controlado, xogando en curto ou en longo. Lateral de longo percorrido cun bo centro.

 

OUTROS CAMPOS

CEO de Hong Kong to Spain Limited, compañía rexistrada en Hong Kong dedicada á venda de calzado online. Páxina web: www.misbambas.com

 Outros datos de interese

LOGROS

-Campión de liga de Primeira División de Hong Kong (2010/11 e 2011/12), subcampións 2012/2013.

-Campión da Copa F.A. de Hong Kong (2012 e 2013).

-Campión de copa da liga de Hong Kong (2012).

-Premio ao mellor lateral esquerdo de Hong Kong (2010/11 e 2011/12).

-Hong Kong XI (Estrelas do Equipo de Liga) 2013.

-7 partidos na Copa AFC (2012), con Kitchee. Xogou contra algún dos mellores equipos do mundo (Chelsea, Arsenal, Manchester United, Villareal e Blackburn Rovers).