Xosé Luis López Fraga


Categoría: Restaurador
Data de Nacemento: 20 de setembro de 1951
Lugar de Nacemento: Os Villares, Guitiriz (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Chegou a Barcelona no outono de 1966, onde empezou a traballar no desaparecido restaurante “Oro del Rhin”, como axudante de camareiro ata 1969. Despois traballou durante vinte meses en “L’Hogar Gallego” (Vía Layetana) como camareiro. Inaugurou a discoteca “Calíope”, situada en Balmes 143, na que traballou como xefe da barra de snack. En 1970, con seu irmán Pedro, fundou o restaurante “Sporting”, establecemento no que permaneceu ata que fundou o restaurante “Medulio”.

 Obras realizadas

No restaurante “Sporting” colaborou activamente co musicólogo galego Luis Foxo na fundación da agrupación local de “Toxos e Xestas”, que tivo a súa sede durante varios anos no citado establecemento. Entusiasta de todo o galego e propulsor de varias iniciativas populares, no restaurante “Medulio” celébranse asiduamente exposicións de pinturas, sobre todo galegas (foi delegado de Cerámicas de Sargadelos en Cataluña). Desde a súa fundación, “Medulio” colaborou con diversas mostras culturais e gastronómicas nas que conseguiu diferentes premios.

 Outros datos de interese

Conseguiu, entre outros, o premio “Master Internacional de Empresas”, o “Prato de ouro da Gastronomía Española”, en 1990, a título persoal, o diploma turístico de Cataluña e posteriormente, a Medalla de bronce de Galicia. Ademais, é membro de varias sociedades como o Gremio de Restauración e Hostalería de Barcelona, “Grupo Mareusa” (Marisqueiros Reunidos), Consorcio de Empresarios Galegos, Asociación de Restaurantes Galegos “Lareira”, Centro Galego de Barcelona, Asociación Galega “O Penedo” (Barcelona) e Asociación “O Grelo” Amigos de Galicia.