Xosé Abad


Categoría: Fotógrafo
Data de Nacemento: 18 de novembro de 1956
Lugar de Nacemento: Figueres (Girona)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

No ano 1979 inicia o seu labor como fotógrafo profesional, desenvolvendo nun principio tres actividades: o fotoxornalismo, traballando con diversas axencias e medios de comunicación, a fotografía artística, con traballos e exposicións individuais e a fotografía publicitaria, que ocupa gran parte da súa producción. En 1987 inicia os traballos no campo audiovisual con cinco programas para TVE en Galicia, compaxinando desde entón a súa actividade fotográfica e audiovisual. É membro fundador da Academia Galega do Audiovisual.

 Obras realizadas

Formou parte, entre outras, das seguintes exposicións colectivas: “Las mujeres del mundo cara a cara”, “Outono”, “A memoria recobrada”, “Construir la paz. Cultura para la paz”, “Exposición en Solidaridade con Bolivia”, “Cuerpo a cuerpo”, Casa das Artes e da Historia, “Mirando ao Sul”, Sala Charry (Oleiros - A Coruña), “Fotografía Erótica”, ”Fotógrafos Gallegos”, Posada del Potró (Córdoba), “Dende o Atlántico”, “Outono Fotográfico”, “Contactos”, “A Cor”, “Espacios”, S. Municipal (Vigo), “Ollares no Tempo”, “Retrato de una Ciudad”, S. Municipal (A Coruña) e “O Mar”, S. Municipal (Vigo). Tamén realizou as seguintes exposiciones individuais: “O eterno feminino”, “Territorio Asháninka”, “Encuentros Etnosur”, “Crisis Economica - Crisis Industrial”, “Chiapas”, “Puerta Abierta”, “Imagenes de Luz e Aceite”, “Bienal Fotógrafica” e “ Alternativa para 6 nuevos autores”. Ademais, realizou os seguintes traballos para cine, televisión e vídeo: “Asháninkas en Defensa de su Territorio” (2002), “Monte Alén, paraíso salvado” (2001), “Murguía, instantes dunha vida” (2000), “Territorio asháninka” (2000), Europa Solidaria (Proxecto audiovisual, 1998), Guión e dirección do vídeo “Gris púrpura” (1991) e obradoiro de video “Universidad Internacional Menéndez Pelayo” (1987). Realizou cinco programas, emitidos por T.V.E. en Galicia.

 Outros datos de interese

En 1997, gañou o Primeiro Certame de creación fotográfica “Luis Kasado” e foi 1º Premio no Certame Fotográfico - Concello de Baiona. Foi premiado en distintos certames e obras súas foron adquiridas pola Xunta de Galicia, Concello de Vigo, Deputación da Coruña, Autoridade Portuaria da Coruña e Fundación 10 de Marzo. A súa obra está exposta en Galicia, Madrid, Barcelona, Suíza, Portugal, Córdoba, Elgoibar e Alemaña (Grupo 10). Impartiu cursos e conferencias por toda Galicia e asistiu a diversos cursos e seminarios por toda España. Aparecen publicacións súas en libros, catálogos, monografías, revistas, etc.