Teodomiro Cardalda Fernández



Opinión
Pseudónimo:Ventorachado
Categoría: Mariño e escritor
Fecha de Nacemento: 30 de novembro de 1946
Lugar de Nacemento: Vilaxoán de Arousa
Teléfono: 986506926
Correo electrónico: ventorachado@terra.es
Correo electrónico: teocardalda@yahoo.es
 Currículum:

Como mariño mercante e maquinista naval recorreu os mares de África, América e Europa ó longo dos últimos anos. Debido á súa afección á Historia (autodidacta e cuns coñecementos centrados principalmente na súa vila natal e bisbarra), en 1995 funda a revista "Avante", sendo o seu director ata 1998. Esta revista recollía noticias do pobo e desenvolvía unha labor didáctica en relación coa historia da vila.

 Obras realizadas:

En 1998 publicou o libro 'Vilaxoán de Arousa' (A realidade dun pobo). Ese mesmo ano saíu á luz o libro 'O Cancioneiro e o Mar', onde realizou Introito, libro que recolle o recital de 20 poetas de Galicia, destacando Uxio Novoneyra (foi o seu último recital antes do seu falecemento). O prólogo do libro corre a cargo de Francisco Fernández del Riego. No ano 2001 publicou 'Estudio Artístico-Histórico da Igrexa de San Martiño de Sobrán, século XII'. Proximamente sairá publicado un traballo biográfico dun personaxe nacido na súa vila e que se titula 'D. Francisco del Valle-Inclán Santos, unha páxina da Historia de Vilaxoán, S. XVIII'. En febreiro de 2007 publicou 'Á Beira do mar de Arousa' con Limiar de Raimundo García Domínguez (Borobó), e epílogo de Teo Cardalda Gestoso músico galego do grupo Cómplices.

 Outros datos de interese:

Publicou artigos de opinión e históricos nos xornais El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e máis asiduamente no Diario de Arousa.
Foi membro en Vigo do PCG na clandestinidade e responsable no comité do mesmo partido en Vilagarcía. Estivo no PCG de 1972 a 1980. Membro fundador das CCMM con Tito Hucha e Carmiña e do Sindicato Libre de Mariña Mercante.