Rosa Fernández Salanova


Categoría: Pintora
Lugar de Nacemento: Barallobre - Fene (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Desde nena síntese atraída pola arte, especialmente polo debuxo e a pintura. De xeito autodidacta empeza a debuxar en calquera papel que atopa; máis tarde empeza a pintar con óleo sobre táboa e posteriormente sobre lenzo.
En 1989 comeza a súa formación artística asistindo ás clases do pintor Ricardo Segura Torrella e segue a súa formación con el ata 1995, cando comeza a estudar pintura ó óleo, acuarela, pastel e técnicas mixtas. A súa pintura é figurativa-subxectiva, a súa temática está baseada nos mundos da ensoñación, seres elementais, mitoloxía, fantasía e abstracción. É unha pintura de contido lírico, baseada na espiritualidade e na poesía, pois proxéctase dende o seu interior cara ó mundo real, tratando de que o espectador non só contemple, senón que tamén descubra nela a esencia, o contido, a mensaxe que a obra quere transmitir.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2000. “Óleos e técnicas mixtas” Apeadeiro de Cabanas (A Coruña).
2001. Sala de exposicións Carvalho Calero, Ferrol (A Coruña).
2002. Lar de Toxos e Froles (Ferrol) e “Tempos de maxia”, Casa da Cultura de Oleiros (A Coruña)
2003. Sala Xosé Rey Lago do Museo dos Muiños, Acea de Ama, Culleredo (A Coruña).
2004. Casino Ferrolano (Ferrol) e Galería Arte Imagen, Hotel Meliá María Pita (A Coruña).
2005. “Silencios”, Sala de exposicións Carvalho Calero (Ferrol) e “Vivencias”, Club de Campo, Círculo mercantil (Ferrol).
2006. Galería Gaudí, Feria internacional de arte de Brescia, Montichiari (Italia).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
1989. Torreón dos Condes de Andrade, Pontedeume (A Coruña).
1991. Sala de exposicións do Concello de Pontedeume.
1992. Colectiva “Espacios no tempo” Sociedade da paisaxe galega, O Seixo, A Coruña.
1995. Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol).
2002. “A muller na pintura”, Sala de exposicións da Sociedade Portuaria San Cibrao (Ferrol).
2004. “Donas da fantasía”, Casa da cultura do Concello de Fene (A Coruña), “Salón de primavera. A muller na pintura”, Casino Ferrolano (Ferrol) e “Formas e colores” Claustro de Ortigueira (A Coruña).
2005. “Salón de Navidad”, Galería Porta Nova (Ferrol), “A muller na pintura”, Galería Porta Nova (Ferrol) e “Artistas Ferrolanos”, Fundación Caixa Galicia (Ferrol).
2006. “A muller na pintura”, Casino Ferrolano (Ferrol), Parador de San Estevo de Rivas de Sil, Ribeira Sacra (Ourense), Casa da Cultura de Ames, Bertamiráns (A Coruña), Casa da Cultura de Serra de Outes (A Coruña), Casa da Cultura de Caldas de Reis (Pontevedra), Casa da Cultura de Burela (Lugo), Casa da Cultura de Fene (A Coruña), Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Santiago de Compostela) e Hotel Bahía de Vigo.

EXPOSICIÓNS ITINERANTES: 2006. “Rede Natura”.

A súa obra foi seleccionada no certame de pintura “Bello Piñeiro” (Mugardos, A Coruña, 2000), no certame de arte “Galería Burela” (Lugo, 2004) e no certame de pintura de paisaxe galega ‘Toxos e Froles’ (Ferrol).
Colaborou con ilustracións na revista “Poesía Galicia”, con portadas para carteis publicitarios de acontecementos artísticos, foi xurado no Certame de Debuxo e Pintura do Día das Letras Galegas e no Certame de pintura e debuxo “Os maios”, celebrados en colexios de Ferrol.
Obras súas figuran no Concello de Oleiros (A Coruña), Concello de Culleredo (A Coruña), ‘Toxos e Froles’ (Ferrol), Casino Ferrolano (Ferrol), Club de Campo (Ferrol), Carvalho Calero (Ferrol) e coleccións particulares.

 Outros datos de interese

Forma parte en calidade de socia da “Asociación Galega de Arte e Cultura” (A.G.A.E.C.) e da Asociación de Artistas de Ferrol (S.A.F). En 2006 participa nun curso-taller de Litografía no Centro Internacional da Estampa Contemporánea en Betanzos e nun Curso de gravado calcográfico, no Museo de Belas Artes da Coruña. Realizou entrevistas en publicacións e en distintos medios de comunicación: La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, La Opinión, Localia, Canal 31 de Ferrol e Televisión de Galicia.
http://arterosafer.iespana.es