Ricardo Polín


Categoría: Filólogo e escritor
Lugar de Nacemento: Castroverde (Lugo)
Correo electrónico: ricardopolin@edu.xunta.es
 Currículum:

É profesor universitario de Didáctica da Lingua e a Literatura no Campus de Lugo da Universidade de Santiago e de Lingua e Literatura Galega na ensinanza media. Autor de numerosos estudios de historia da literatura galega, crítica textual e edición de textos antigos, está especializado en lírica baixomedieval galego-portuguesa e é experto no Camiño Primitivo de Santiago, primeira ruta xacobea por Lugo capital.

 Obras realizadas:

Recibiu o premio extraordinario de doutorado por O derradeiro século da lírica medieval galego-portuguesa (Madrid, 1954, cinco volumes), o Premio da Crítica de Galicia por Cancioneiro galego-castelán. Corpus lírico da Decadencia (1350-1450) (Edicións do Castro, 1997), o Premio Literario Ánxel Fole por A poesía de Codeseira (Lugo, 1997) e o Premio do Ministerio de Educación e Cultura á edición por A muller tradicional (Xerais, Vigo, 1996). Ademais, é o autor de O costumismo decimonónico galego (Madrid, 1989), A víspora de San Xoán en Montecubeiro e outros poema galegos (Lugo, 1992), A poesía lírica galego-castelá (1350-1450) (Universidade de Santiago, 1994), As cantigas mariñas no país de Breogán (O Castro, 2000), Homes do país (Xerais, Vigo, 2000), A primeira luzada. Obras completas de Francisco de Fientosa (edición, estudio e notas) (Edicións do Castro, 2003), Folla bricia. Poesía galega completa de Xosé Crecente Vega. Edición crítica e estudio (Xunta de Galicia, 2003) e Camiño a Lugo. Guía histórica e cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago na urbe e señorío lucenses (Ed. A Nosa Terra, 2004).

 Outros datos de interese:

Ten unha extensa obra dispersa en revistas especializadas, tanto de historia e filoloxía medieval, decimonónica ou contemporánea, importantes achegamentos á poesía chairega de autores falecidos ou esquecidos e abundante obra inédita a punto de entrar no prelo.