Rafael Laso Lorenzo


Data de Nacemento: 25 de xaneiro de 1965
Lugar de Nacemento: Xinzo de Limia (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Naceu en Xinzo de Limia (Ourense), a vila atravesada polo antigo Leteo que facía perder a memoria aos bebedores das súas augas ou a aqueles que tiveran o valor de atravesalas.
Ata os once anos, e a carón das historias de meigas, mouros e tesouros dos seus avós (que quizais sen sabelo foron os primeiros en inculcarlle a súa querenza polos contos) xogou naquela inmensa chaira que algún día estivo ateigada pola auga da lagoa. Esa foi a idade na que se trasladou a Vigo, cidade que quizais o teña absorbido por enteiro e na que reside dende entón.
É enxeñeiro técnico industrial pola E.U.E.T.I. de Vigo na especialidade de Electricidade.

 Obras realizadas

Obra publicada:
Conto “O espello”, no volume colectivo Relatos de Verán 2002, publicado pola Editorial Ir Indo na súa colección Narrativa.
“Estudo comparativo entre os Regulamentos de Baixa Tensión 1973 e 2002”, publicado por Instalectra no ano 2004.
“Por que Baldomero Quintáns?”, novela publicada pola Deputación de Ourense, 2006.
“Un soño de mil dólares”, relato publicado polo Concello de Paradela (volume colectivo), 2007.
“Memoria contra Alzheimer”, novela publicada por Edicións Xerais, sairá en 2008.

 Outros datos de interese

Premios:
2005. III Certame de Narrativa Pura e Dora Vázquez, Deputación de Ourense.
2006. XII Certame Manuel Oreste Rodríguez López, Concello de Paradela.
2007. XXIII Certame de Narrativa Airiños do Xunco, do Concello de Cervo.