Maximiliano López Fernández


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 15 de xuño de 1969
Lugar de Nacemento: Lugo

   Cultura
 Currículum

Formación autodidacta.
Carta de Artesán nº: 1529, expedida pola Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, na especialidade de ‘dourado e policromía’ e ‘gravado’.
Dende 1996, dedicación exclusiva coma retratista e monitor de debuxo e pintura.

 Obras realizadas

-1982: 1° Premio de pintura infantil parroquia de San Francisco Xabier.
-1992-93: Ilustracións na revista ‘Liña aberta’.
-1993: Exposición fotográfica na Excma. Deputación Provincial de Lugo.
-1994: Premio adquisición II Trienal Latina de arte en ‘Le Puy en Velay’ (Francia) e colectiva fotográfica ‘Grupo Fonmiñá’.
-1997: Seleccionado no certame de artes plásticas ‘Cidade de Lugo’.
-1998: Colectiva na Casa da Cultura na Pontenova e Vilalba (Lugo).
-1999: Exposición expresionista no ‘Pub Goleta’ (Lugo).
-2000: Individuais na Casa da Cultura en Burela, Monforte, Vilalba e A Pontenova (Lugo).
-2001: Exposición na Feira de Mostras de Antas de Ulla cos alumnos do grupo de pintura (Lugo), exposición na Casa da Cultura de Vilalba xunto cos alumnos do grupo de pintura ‘Local 26’ (Lugo) e exposición na Casa da Cultura de Riotorto (adquisición polo Excmo. Concello dun cadro sobre a paisaxe do lugar).
-2002: Casa da Cultura de Vilalba, Festival de Pardiñas na antiga escola de Pardiñas (Guitiriz-Lugo) e participante no curso de ‘Pintura Tradicional Xaponesa’, impartido polo Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.
-2003: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Lugo) e Pub Goleta (Lugo).
-2004: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Lugo).
-2005: Galería Sargadelos Monforte de Lemos (Lugo) e Galería Amararte (Lugo).