Marcos Díaz


Categoría: Guitarrista
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Baixo a orientación musical do seu pai, Marcos Díaz empezou a toca-la guitarra ós oito anos. Pouco despois comezaron as súas clases co guitarrista Isaías Savio, profesor do Conservatorio Dramático Musical de Sao Paulo (Brasil). Ó cabo de poucos anos, trasladou a súa residencia a España, continuando os seus estudios no Conservatorio Profesional de Música de Ourense con Tomás Camacho e posteriormente no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con José Luís Rodrigo, onde obtivo o “I Premio Extraordinario Fin de Carreira de Guitarra” en 1984. Durante este tempo participou activamente en máster clases internacionais recibindo as ensinanzas dos máis prestixiosos intérpretes como David Russell, Manuel Barrueco e Sergio & Odair Assad, entre outros.

 Obras realizadas

Ata o momento ten realizado tres CDs para o selo discográfico ‘Ópera tres’, entre os que destaca un coas obras de Dowland, Bach, Sor, Barrios e Rodrigo e outros dous coas súas propias transcricións para guitarra das seis suites para violonchelo de J. S. Bach, obtendo unha extraordinaria acollida pola crítica internacional.

 Outros datos de interese

Galardoado co primeiro premio en varios concursos de guitarra, Marcos Díaz é invitado regularmente a participar como solista en importantes festivais e salas de concertos de Europa e Estados Unidos.

Páxina Web: www.marcosdiaz.com