José Domínguez González


Pseudónimo:Pepe D.
Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 12 de decembro de 1958
Lugar de Nacemento: Chandrexa de Queixa (Ourense)
 Currículum

Redactor e locutor desde 1981 (en Radio Ourense/SER desde marzo de 1985). Actualmente é xefe dos Servicios Informativos (desde 1987). Como Pepe D. foi columnista do Faro de Vigo, Edición de Ourense, entre os anos 1984 e 1987. Foi correspondente en Ourense de Diario 16 entre 1987 e 1990 e entre 1989 e 19991 correspondente en Galicia. Redactor da delegación de Diario 16 de Galicia nos anos 1991 e 1992. Foi correspondente da Axencia Europa Press entre 1988 e 1993.

 Obras realizadas

Publicou reportaxes (como autor e coautor) en Cambio 16, Época e Panorama entre 1991 e 1993. Tamén publicou diversos libros, entre os que podemos destacar: A cidade dos alemáns, (coautor), Biblioteca de Autores Galegos del grupo ACSA; O home do unto (Blanco Romasanta, historia real de una leyenda, (Coautor), Deputación de Ourense; O derradeiro fuxido, Sotelo Blanco, Edicións; Ourense Natural, Deputación de Ourense; Ourense Etnográfico (coautor); Alrededor de Ourense, Deputación de Ourense; Maceda al natural, Concello de Maceda.