Francisco Gil de Taboada y Lemos


Categoría: Mariño
Data de Nacemento: En 1736 (†En 1809)
Lugar de Nacemento: Des - Lalín (Pontevedra)
 Currículum

Durante os seus anos como mariño recorreu o Atlántico, o Mediterráneo e América. Foi o primeiro vicerrei galego en América que non tiña título nobiliario. Foi mariño de guerra. Chegou a América en 1765 formando parte dunha expedición ás Malvinas, das que foi gobernador (1774-79). Carlos III nomeouno vicerrei de Nova Granada (Colombia, Ecuador e Venezuela) polos seus coñecementos dos asuntos de América do Sur. Antes de chegar a Bogotá para tomar posesión do cargo, foi nomeado vicerrei do Perú, que era o vicerreinato de maior categoría de América, aínda que preferiu o vicerreinato de Nova Granada. Fomentou as exploracións españolas no Pacífico e no sur de Chile, fundou o primeiro xornal de América do Sur, El Mercurio Peruano, fomentou os estudios de Anatomía, fundou a "Academia de Náutica de Lima" e un laboratorio para o beneficio dos metais, a gran riqueza do Perú. Cando cesou no seu cargo, foi designado membro do Consello Supremo de Guerra e máis tarde director xeral da Armada e ministro de Mariña.