Carmen Pintor


Categoría: Xoieira
Data de Nacemento: 30 de marzo de 1962
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É unha das representantes da nova xeración de deseñadores ourives de Barcelona. Diplomada en repuxado de metais, esmalte a lume, xoiería, deseño industrial de xoiería, modelaxe en ceras e xemoloxía.
Ten a súa propia galería de exposicións e obradoiro en Barcelona, onde crea e realiza as súas propias coleccións de xoias e ourivería, realiza encargos e colabora con varias firmas industriais como deseñadora e prototipista.
Recibiu en 2002 o diploma honorífico de "Maestra Artesana" por parte da Generalitat de Cataluña.
Entre 1987 e 2005 expuxo as súas obras en varias cidades españolas e no estranxeiro en Francia, Andorra, Xapón, Alemaña e Suíza.
As súas xoias pódense adquirir en Barcelona, Milano (Galería Meko), Santiago de Compostela (Noroeste, xoiería de autor), Palma de Mallorca (Nura Jewelart) e Andorra (Galería Art Centre).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS:
1987: 1ª Bienal de Escolas de Arte en Toulouse e Barcelona exposicións de xoiería no local A.A./F.A.D. (Barcelona).
1988: "Mostra de l'Ensenyament en les Arts Aplicades i el Disseny", M.I. (Andorra), "I Salón de diseñadores" da Feira Internacional de "Sebime"en Mahón (Menorca), "Modas das Esvásticas e Nova Xoería" Pasarela Luada de Vigo (Galicia Moda e Xunta Galicia) e "Joies i Esmalts", do Centre permanent d'Artesania da Generalitat de Catalunya.
1989: "II Salón de Diseñadores" na Feira Internacional de Sebime, Mahón (Menorca), "Salón de Diseñadores" da 24ª Feria Internacional de Xoieiría de Valencia (FIJOVA), "Salón de Diseñadores" do mes de outubro na Feira de Sebime, Mahón (Menorca) e exposición no "Jewellery Building Etoile" (Tokio).
1990: "Jóvenes Diseñadores Españoles" polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), na Feira Internacional de Frankfurt, Ambiente 90 (Alemaña), stand xunto a Carlos Pastor na Feira Internacional de Bisutería de Barnajoya, "Espacio Europa" (11 países representados) Feira Internacional de Xoiería (Frankfurt), na Feira Internacional de Xoiería Barnajoya 90, stand "Diseño Motor de Industria", D.M.I. Stand "Orfebres/F.A.D.", cun colectivo de nove xoieiros. Stand do Centro de Información do Diamante, "Prototipus de Joieria" Sala Centre Permanent de Artesanía. Generalitat de Catalunya e Joyería contemporànea en Städtisches Reichs-Museum de Mannheim (Alemaña).
1991: "Jovenews", revista Ardi e Mercado de Puerta Toledo (Madrid), exposición do Centro de Promoción do Diamante, Galería Alexandra Belinger (Madrid), stand da Asociación D.M.I., Feira Internacional de Xoiería de Valencia (Fijova), Stand "Diseño Motor de Industria", Barnajoya 91, Hotel Ritz de Barcelona: "Desayuno con Diamantes", De Beers.
Itinerante: “Un Siglo de Joyería y Bisutería Española”, organizada polo Institut Balear de Disseny.
Exposición itinerante de Xapón: "Diseño España" organizada por BCD e Japan Industrial Design Promotion Organization. Primeras etapas: Spain Fair-Tokio, Good Living Show-World International Trade Center-Tokio, Sun Shine City Building- Ikebukuro-Tokio, con cesión permanente da obra titulada "Delfines" ó fondo artístico oficial do Goberno xaponés.
Exposicións do Centro promoción del Diamante: Iberjoya Madrid, Córdoba e Baleares.
1992: "Jovenews" de ARDI na Escola de Artes de Logroño, "Un siglo de joyería y bisutería Española" (Valladolid), stand Infospain na Feira Internacional de Xoiería de Basel, 3ª exposición de "Un siglo de joyería y bisutería Española" Sala Retiro. Caja Madrid, Stand Asociación D.M.I. da Feira de Fijova (Valencia), 4ª exposición de "Un siglo de joyería y bisutería Española" (A Coruña), Stand Asociación D.M.I. da Feira de Barnajoya (Barcelona) e "Dissenyadors Catalans de Joieria" no "Reial Circle Artistic" de Barcelona organizada pola Federación Catalana de Joiers, Orfebres i Rellotgers.
1993: "Carmen Pintor, cinc anys en el mòn del disseny industrial de joiería", na Galería Meko pola "Primavera del Disseny de Barcelona", Stand "Infospain", de Joyex na Feira Internacional de Basilea, "La Pedra Parla" homenaxe polo 25º aniversario da Asociación Española de Xemoloxía e Stand Deseño Motor de Industria na Feira Internacional de Valencia: FIJOVA 1993.
1994: Stand "La Bolsa del Diseño, D.M.I." Feira de Xoiería de Barcelona, Barnajoya, Mostra permanente en "Gallery Nakajima", en Kobe (Xapón), "Dissenyadors Catalans de Joieria" no "Reial Circle Artistic" pola Federació Catalana de Joiers, Platers i Rellotjers, colectiva de Navidad en D/BARCELONA: "Nadal d'Argent" e mostra permanente en Galería "Achanti" (Palma de Mallorca).
1995: Participa coas súas xoias como atrezo nas funcións de "Antonio y Cleopatra" que inauguraron o festival do Teatre Grec de Barcelona, inauguración da xoiería Solé (Tarragona), "Nadal d'Argent" na sala "D/Barcelona" (5ª edición) e "Regalar Creatividad" na sala de exposicións do A.A.I.P./F.A.D (Barcelona).
1996: "Mostra Permanent d'Artesania" organizada pola "Subdirecció d'Artesania del Centre d'Informació i Desenvolupament Empresarial, de Generalitat de Catalunya", Stand Asociación de Joyeros Exportadores, Feira Internacional de Xoiería de Basel, "Art Joia", no Centro Cultural Torre Vella (Salou), "Mostra de joieria europea contemporània" Sala de cultura Sa Nostra, Ciutadella (Menorca), colectiva de xoiería, organizada pola Asociación Joya de Autor, no xardín de Serrano (Madrid), Stand Joya de Autor da Feira Internacional de Xoiería de "Iberjoya" (Madrid), Stand Fundación B.C.D. na Feira Internacional de Xoiería de Barnajoya, Galería Art Centre de Barcelona, Galería Art Centre de Andorra e "Nadal d'Argent" que organiza D/Barcelona por Nadal.
1997: Stand "Joya de Autor" na Feira Internacional de Xoiería de Madrid IBERJOYA 97 (edición de xaneiro e edición de setembro), coordinación e participación da exposición colectiva "ERA AQUAuRIO" na Galería Meko pola "Primavera del Diseño 1997" (Barcelona) e exposición "Galicia terra única" en Ferrol e A Coruña, organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
1998: "Artesanía Catalana" exposición en El Corte Inglés de Barcelona e Sabadell, presenta por primeira vez ó público a marca DANAE.
1999: Inauguración da Galería Laura Márquez (Madrid), Primavera do deseño de Barcelona 1999, exposición "Joies de tele" xunto con Ángel García, Gilda Fucker e Nuria Saloni na Galería Meko, "Protection solaire factor 5" exposición en Galería Estudi 2x3 en Sant Antoni de Calonge (Girona), "Mostra del producte artesanal" periodo outubro 1999-xaneiro 2000, Centre Catalá d'Artesania da Generalitat de Catalunya (C.I.D.E.M.) e Galería Art Centre de Granada (permanente).
2000: 10 de xuño de 2000: inauguración da sucursal da Galería Meko en Milán, Italia (via Tessa 2). 29 de novembro de 2000: exposición "Prudenci Sánchez i Carmen Pintor X anys després", en ocasión do décimo aniversario da Galería Meko de Barcelona. Galería Art Centre de Mataró (permanente).
2001: Primavera do deseño de Barcelona 2001, exposición "a-m punt joies punt net" na Galería Meko en Barcelona e en forma reducida na Galleria Meko de Milán, conectadas por videoconferencia por internet.
Seleccionada polo World Gold Council, exposición "El renacimiento del oro amarillo", que se inaugurou na edición de xuño da Feira Internacional "Vicenzaoro" en Italia.
2003: Exposición “Joia: Colors” con Mercè Juvé e Mar Gómez, na Galería Art Centre de Barcelona dentro de l'Any del Disseny.
Participa en “Reliquies“, organizada polo Fomento das Artes Decorativas dentro das actividades do Enjoia't.
2004: Exposición “Nomes Propios, nº7” dentro dos Monográficos de Xoiería Contemporánea programados pola Galería Noroeste en Santiago de Compostela.
Participa en “Medallas contra la Guerra” en Galería Alea de Barcelona. Trátase dunha exposición itinerante organizada por Galería Velvet Da Vinci de San Francisco (EUA).
Exposición personal “Sa força de sa natura” na Galería Nura de Palma de Mallorca.
Abril. Semana do Enjoia't, exposición dos socios de Orfebres FAD.
2004/2008: Organiza o ciclo de exposicións de “L'aparador de la diversitat” na Galería Meko, Xoiería de Autor de Barcelona. Carmen Pintor deseña as postais que se editan cada ano e participa no primeiro ciclo (2004).
2005/2006: Colectiva de Xoiería “Camí amb solitari” Centre d'Artesania da Generalitat de Catalunya.
Participa na Galería Art Centre de Andorra nunha exposición colectiva de xoiería Contemporánea dentro do “Circuit d'art, art i joia”.
2007: Participa na Semana de l'Enjoia't coa exposición “Haiku” na Galería Meko, Xoiería de Autor de Barcelona.

 Outros datos de interese

Concursos e premios
1987: Segundo premio de deseño, concurso convocado pola Asociación Española de Xemología, en Barcelona.
1993: Gañadora e seleccionada finalista con dous deseños no concurso "Un Pin" que organizou a Asociación de Xoieiros Exportadores (JOYEX); obra gañadora: “Miro a Miró”; obra seleccionada: “Seis Cuerdas”. (Do deseño gañador fixéronse mil exemplares para a súa distribución na Feira Internacional de Basilea 1993).
1994: Galardoada cun trofeo na "Nit del Empresari", pola súa traxectoria empresarial, polas patronais P.I.M.E.C. e A.E.I. Hotel Palace Feria de Barcelona.
2003: Recoñecida como “Mestre Artesà” en oficio de xoieira, polo Centre Català d'Artesania, organismo de Generalitat de Catalunya. Con s&oacutelo 41 a&ntildeos, converteuse nunha das xoieiras máis novas, premiada coa distinción que se outorga a aqueles artesáns cunha longa traxectoria profesional recoñecida.