Aranzazu González Villar


Data de Nacemento: 4 de febreiro de 1976
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciada en Socioloxía (Universidade da Coruña, 1999). Ten os títulos de monitora de actividades de tempo libre (1997) e de directora de actividades de tempo libre (1999).

A súa formación teatral inclúe os seguintes cursos: 1999. Curso de Clown impartido por Néstor Muzo (Aula de Teatro da USC), curso de Introdución á Teoría da Interpretación Moderna impartida por Roberto Salgueiro (Aula de Teatro da USC) e curso de Ortofonía e Dicción impartido por Cristina Domínguez (Aula de Teatro da USC). 2000. Curso de Iniciación ó Teatro impartido por Carlos Neira (Espacio Aberto). 2002. Curso de Teatro de Rúa impartido por Loco Brusca (Espacio Aberto) e curso de Clown impartido por Álex Navarro e Caroline Dream (Pistacatro). 2000 a 2003. Formación actoral na Escola de Teatro e Danza “Espacio Aberto” a cargo de Carlos Neira, Cristina Domínguez e Manuel Rodríguez. 2006. Curso de “Marionetas, máscaras e obxetos contemporáneos” impartido por Dadi D. Pudumjee no II Encontro Internacional de Cerámica Namaste India 06 (Nigrán) e curso de Cabaré impartido por Ángel Burgos e Luis Santamaría (Espacio Aberto). Desde 2003, recibe formación regular de baile flamenco na Escola de Danza “El Taller” a cargo de Beatriz Gamborino e os bailaores Carlos Robles e Marco de Vargas. Nese mesmo ano fixo o curso de butoh impartido por Wendell Wells.

 Obras realizadas

En teatro traballou cos seguintes grupos: -“Grupo Chévere”: Gala de Clausura e Entrega de Premios Cortocircuito’06. Teatro Principal de Compostela, outubro 2006. -“Pistacatro Productora de Soños”: _Pasarrúas “Artrix” dentro da programación “A Cultura Circula” organizada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Innovación e Industria e a Consellería de Cultura e Deporte (2006), Pasarrúas “As cinco de sempre” acompañando ao Autobús Violeta, dentro da campaña MES VIOLETA organizado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e da Consellería de Cultura e Deporte. Galicia, marzo 2006. -“Centro Dramático de Aragón”: “Misiles Melódicos” (2005). -“Grupo Las del Lirio”: II Festival de Gorra (Compostela, 2005), I Festival De Gorra (Compostela, 2004), “Mambo para dous”, espectáculo infantil (Concello de Oroso, 2004) e Festas patronais de Caldas de Reis (2004). -“Grupo de Teatro Fravasi De Pinga”: Festival de Outono de Teatro (2003), IV Festa do Circo (2003), III Festiclown (Pontevedra, 2003) e II Gala “Por un local digno” (Compostela, 2003). -“Grupo de Teatro Coitus Interruptus”: II Festa do Circo (2002). -“Tirititraun Teatro”: “Baixo o bosque Lácteo” (lectura dramatizada, 2003), “Eu teño un tío en América” (2001), “Four Rooms (2000) e “Soños de un seductor” (1999). Fixo as seguintes curtametraxes: “Septiembre” (2003), ”Odio” (2002) e ”Cándida” (2000). Participou como figurante nas seguintes longametraxes: “13 Badaladas” de Xavier Villaverde, 2002 e “Hotel Danubio” de Antonio Giménez Rico, 2002. Participou nos espectáculos flamencos: Corpo de baile na zarzuela ‘La verbena de la Paloma’ (A Coruña, 2005), colaboración no concerto do guitarrista flamenco Marcos Teira (Compostela, 2004) e espectáculo de baile flamenco coa Escola de Danza “El Taller” dentro do I e II Festival de Hogueras de San Juan (A Coruña, 2004 e 2005).