Antonio Rodríguez Colmenero


Categoría: Profesor, arqueólogo e escritor
Fecha de Nacemento: 1 de abril de 1936
Lugar de Nacemento: Lucenza (Ourense)
Teléfono: 982244106
Correo electrónico: larouco@lugo.usc.es
 Currículum:

Estudiou a carreira eclesiástica no Seminario de Ourense e na Universidade Pontificia de Salamanca. Máis tarde a de Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid, doutorándose en Historia en 1975. Foi profesor nas universidades de Valladolid, Alacante e Oviedo, catedrático da de Deusto e na actualidade, da de Santiago de Compostela na área de Historia Antiga.

 Obras realizadas:

Escribiu dezaseis monografías sobre temas da súa especialidade e máis de cen artigos en revistas científicas. Realizou escavacións arqueolóxicas en Lugo, Chaves, no campamento romano Aquis Querquernis e noutros varios xacementos.

 Outros datos de interese:

É autor dunha ducia de proxectos de investigación, director do Grupo Arqueolóxico "Larouco" e da revista do mesmo nome. É membro de varias asociacións nacionais e estranxeiras como a Academia de Historia. Está casado e ten dous fillos.
En novembro de 2005 entrou a formar parte da Academia Galega de Belas Artes.